Este servizo creouse para desenvolver un plan de actuación medioambiental que ten como fin a protección medioambiental, dentro das competencias do concello: a xestión de residuos sólidos urbanos e, en xeral, velar pola seguridade das nosas augas e espacios naturais e pola recuperación de zonas de especial interese ecolóxico e paisaxístico.




DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE MIÑO

 

Con ocasión de adherirse á Rede Galega de concellos pola sustentabilidade, esta alcaldía expresa, unha vez máis, o seu compromiso de implantación de políticas municipais encamiñadas a acadar o desenvolvemento sustentable neste concello.

 

Durante os últimos anos, este Concello veu demostrando este compromiso fundamentándose nun dos principios básicos para un desenvolvemento sustentable xurdidos no marco da Declaración de Río de 1992, “pensa globalmente, actúa localmente”. Concienciar e sensibilizar dos problemas ambientais que abafan o concello e da súa relación cos problemas ambientais denominados globais é a nosa premisa.

 




O máximo expoñente desta estratexia veu da man da implantación da Axenda 21 Local coa firma da carta de Aalborg no ano 2005. Tanto interese e motivación en iniciar este proxecto foi debido a que o equipo de goberno considerou o “esgotamento do modelo existente en Miño”. Desta maneira, ao incorporar na organización municipal procedementos de traballo elaborados baixo as directrices da Axenda 21 Local, as estratexias do desenvolvemento sustentable pasaron a formar parte do funcionamento ordinario da administración local en Miño. Isto viuse reflectido na recente consecución de varios premios en materia de sustentabilidade.

 




Na actualidade ratificamos este compromiso coa adhesión á Carta de Aalborg+10, e comprometémonos a potenciar o desenvolvemento sustentable do concello mediante a participación cidadá e a implicación dos sectores económicos e sociais.

 



Miño, 4 de xullo de 2008




PUNTO LIMPO
Nas instalacións dos puntos limpos se recollen de forma gratuíta os residuos domésticos que, polo seu gran volume ou polo seu perigo, non deben botarse ao lixo ni depositarse nos contedores da rúa.
Se desexa máis información ou ten algunha dúbida sobre o punto limpo, pode poñerse en contacto con nós:
CONCELLO DE MIÑO
Departamento do Medio Ambiente

Tel. 981 78 20 06 - 981 78 20 58


Ademais continúa vixente o servizo de recollida de mobles e electrodomésticos ao lado do contedor nas distintas parroquias e no núcleo urbano nos días establecidos: Casco Urbano: Todas as semanas, a noite dos mércores a xoves.
Bemantes e Callobre: O 2º e 4º mércores de noite de cada mes.
Ponte Baxoi , Leiro, Perbes e Vilanova: O 1º e 3º mércores de noite de cada mes.

FICHA DO PUNTO LIMPO DE MIÑO
------------------------------------------
LOCALIZACIÓN:

Provincia: La Coruña
Poboación: Miño
Dirección: Gallamonde, s/n
Teléfono (no horario de apertura): 666.449.588

Horario: LUNS, XOVES E SÁBADOS 10:00 A 13:00


MARTES, MIÉRCOLES E VENRES 16:00 - 19:00


Entidade Responsable: Concello de Miño


PRODUCTOS QUE SE ADMITEN:
Residuos especiais: tubos fluorescentes, lámpadas especiais; disolventes, pinturas, vernices; pilas; radiografías; aceites minerais e vexetais usados (procedentes de particulares). Residuos urbanos e asimilables: papel e cartón; vidro; envases de plástico; bricks e latas; chatarras metálicas; téxtiles. Escombros de pequenas obras domiciliarias, Residuos verdes procedentes de podas. Residuos voluminosos: mobles, colchóns e electrodomésticos.

CONDICIONES DE ADMISIÓN DOS PRODUCTOS :
Pódese acceder ao Punto Limpo en calquera vehículo: automóbil, tractor, furgoneta...
Na entrada do recinto informarase aos usuarios sobre a forma de realizar o depósito de cada tipo de residuo. O bo funcionamento do Punto Limpo esixe que os usuarios entreguen os residuos previamente seleccionados e os depositen nos contedores adecuados. Non se permite deixar residuos na porta das instalacións, fora do horario do Punto Limpio.






MELLORAS DO PUNTO LIMPO DE MIÑO





 
 

 

 
 
      Alcaldía   Medio ambente   Cultura,Xuventud Deporte   Servicios Administrativos   Educacion  
      Turismo   Bienestar social e igualdade   Urbanismo   Seguridad