A Área de Atención ao Cidadán vai a volver a por en marcha un proxecto de apoio ás familias no período vacacional, dirixido a aquelas familias en que ambos proxenitores traballen. Consiste na realización de distintas actividades: plásticas, cooperativas, animación á lectura, xogos… dirixidas a rapaces de 4 a 12 anos durante os meses de xullo e agosto.