HISTORIA DO CLUB
O Bemantes C.F. iniciou a sua andadura como sociedade en 1975 baixo a presidencia de D. José Eive Vidal como resposta ás inquietudes dun grupo de veciños de Bemantes que xa practicaban o fútbol pero non de forma federada. Nestos inicios contou con 20 socios cifra que foi aumentando hata contar na actualidade con 130 socios.
Anteriormente, en 1974, construiuse o campo de fútbol de " A Abilleira ", gracias ó altruismo dos veciños de Bemantes, que, uns cedendo as súas fincas e outros traballando gratuitamente na sua construcción, fixeron posible que o Bemantes conte cun terreo de xogo propio onde disputar os seus encontros como locatario.
O clube militou tradicionalmente na Terceira División Rexional cambiando varias veces de grupo, alternando o Grupo 3º de "As Mariñas" co 4º de "A Montaña" . Actualmente milita no grupo 3º de "As Mariñas", pero coa perspectiva de que a temporada 2004/2005 pase a engrosar o grupo 6º de "A Ría".
A actual Xunta Directiva despois de coller o equipo na temporada 2000/2001 cando atravesaba unha das suas épocas máis negras, intenta a modernización do mismo e o resurximento do Fútbol na nosa localidade.
ACTIVIDADES QUE DESENVOLVEN
A filosofía principal das actividades que desenrola o Bemantes C.F. ó longo do ano, é a de crear un espacio no que tanto os seus socios, como os seus simpatizantes e por extensión calquer persoa, poida practicar deporte e máis concretamente o fútbol.

O Bemantes C.F. desenrola esta filosofía en tres fontes principais ó longo do ano.:

O 1º é o mantemento e entrada en competición dos seus equipos de fútbol de categorías Aficionadas, que actualmente milita no Grupo 3º da Terceira División Rexional da zona de As Mariñas - A Coruña e de Veteranos que milita na 3ª División de Veteranos.

O 2º é a organización de competicións deportivas a nivel comarcal como poden ser o Trofeo BEmantes de Fútbol Sala e a Copa de San Roque de Fútbol que se celebran anualmente na nosa localidade, ademáis de outras máis locais como poden ser a organización de partidos amistosos entre veciños ou parroquias durante as festas patronais.

O 3º é a difusión do deporte a través da cultura, organizando diversas actividades como exposicións fotográficas, xogos para nenos e apoio a outras sociedades afines da nosa comarca nas actividades que realizan.

Se desexa contactar:


A Tolda, S/N
679489638
bemantescf@hotmail.com





 
 

 

 
 
      Alcaldía   Obras e Medio ambente   Xuventud Deporte Cultura   Administración   Tesourería  
          Servicios Sociais   Informática   Intervención   Policia Local