CLUB DEPORTIVO NÁUTICO DE MIÑO
O Clube Deportivo Náutico de Miño crease a finales de 1997 por un grupo de veciños que querían fomentar os deportes náuticos e conseguir xestionar os embarcaderos do Porto de Miño.
En só uns meses se comenzaron a formar as distintas seccións que actualmente ten o Clube (Piragüismo, Remo, Vela Ligera y Wind-surf).
Xa no verán do 98 celebrouse a primeira regata Gran Premio Promoción de Piragüismo, e dende entón vense organizando unha cada ano no mes de agosto, sendo Miño unha das sedes fixas para a Federación neste tipo de probas.
Tras os anos 1998, 1999 e 2000 nos que a xunta directiva loita por conseguir unhas instalacións, e trata de potenciar as seccións deportivas, no ano 2001 comenza unha nova etapa para este Clube ó serlle cedidas polo Concello as instalacións que na actualidade podemos disfrutar.
Xa consolidado o Clube no área deportiva, comenzouse a facer máis hincapé noutros temas coma os amarres no porto de Miño. Moitas xestións e peticións realizadas á Xunta de Galicia, conseguiron que no ano 2003 se otorgara unha concesión por parte de Portos de Galicia, de tres das catro líneas de atraque existentes no porto de Miño, sendo a cuarta xestionada por Portos para o amarre de embarcacións da 3ª lista.
Na actualidade podemos decir que a Xunta directiva coa axuda dos socios (que xa son máis de 300 de número e 600 beneficiarios), as Institucións Públicas (mediante subvencións) e algúns establecementos comerciais logrouse o obxectivo social do clube, e ainda así, se segue traballando para lograr mellora- lo feito hata o de agora.
ACTIVIDADES QUE DESENVOLVEN
No Clube fundamentalmente se desenvolven actividades náuticas, como poden ser o Piragüismo, a Vela, o Wind-surf e o Remo en banco fijo.
Ó longo de todo o ano se dan cursillos de iniciación e perfeccionamento, sendo a actividade maioritaria o Piragüismo, ámbito no que se compite nas probas organizadas pola Federación Galega de Piragüismo e pola Federación Española de Piragüismo.
No ámbito das competicións, o 7 de agosto celebrase o Gran Premio Promoción de Piragüismo, onde participarán ó redor de 1000 deportistas de entre 8 e 14 anos.
Nos meses de xulio e agosto se organizan conxuntamente co Concello as Escolas Náuticas de Verán, onde tanto os residentes coma os visitantes que acuden a pasar uns días a este municipio poidan iniciarse ou perfeccionarse no deporte que máis lles goste (vela lixeira, piragüismo e wind-surf).
O clube tamén conta con un ximnasio onde se pode practicar coas pesas e organizan concursos de ximnasia de mantemento.
Todolos anos no mes de xulio (este ano do 17 ó 24) se organiza un cursillo para a obtención da autorización federativa para o manexo de embarcacións deportivas a motor.
Tamén se ten previsto impartir un curso básico de primeiros auxilios, salvamento e socorrismo, dirixido preferentemente ós deportistas federados do Clube.
Ainda que leva dous anos sen celebrarse, este ano se esta pensando na organización outra vez do concurse de pesca dende embarcación, no que se podrán inscribir todalas persoas que o desexen.
O clube tamén é concesionario de tres das catro líneas de amarre dos pantanales existente no porto de Miño, así que xestiona o amarre das embarcacións deportivas no porto.
Se desexa contactar
DIRECCIÓN: Porto, s/n
TELÉFONO: 981 784026
FAX: 981 784026
|
 |