Partindo do núcleo de Miño, hacia Sombreu, chegamos ó lugar da Regueira, onde se encontra a Capela da Regueira, unha igresa de pequenas dimensions de estilo neogótico.


Seguimos ascendendo hacia o lugar de Bra, onde podemos admirar a Capela de San Ramón e unha vivenda da arquitectura popular da zoa (s. XIX). A continuación atopámonos coa Capela de San Xoan de Área, que data do ano 1833 e que foi trasladada polos veciños dende as rocas no cruce do Lambre coa Ría de Betanzos. No camiño encontraremos a "Fonte de Cal" construida no ano 1815 e que proporcionará refresco para continuar a ruta.



En Bemantes atópase a igrexa de Santo Tomé, de estilo barroco, reformada no século XVIII e que garda no seu interior unha pila bautismal románica ben conservada e no exterior apreciase un sepulcro, urna funeraria do século XII e un conservado cruceiro. Máis adiante, atópase o "Muíño de Vento de Boucelo", datado no ano 1840, único exemplar destas características na comarca. Recentemente rehabilitado e dende o que se pode contemplar o val de Leiro coa ría ó fondo.


Volvendo á ruta inicial chegamos ó Pazo do antigo Señor da Casa de Callobre. É notable a igrexa de San Xoan de Callobre, de estilo barroco, destacando dous reloxes de sol datados no ano 1814, a pila bautismal románica e o cruceiro.

Aproveitamos para visitar a Capela da Nosa Señora de Guadalupe, de tradicional estilo barroco galego. Anexa á capela está a "Fonte de Augas Santas" da que antigamente, os romeiros recollían auga para regar os campos ó tempo de rezar tres "Ave María" e un "Paternoster" para liberarse das pragas, do "mal de ollo" e das envidias.

A continuación, no lugar de A Graña, destacamos a existencia dunha casa de estilo barroco datada no século XVII.



 
 

 

 
 
      Alcaldía   Obras e Medio ambente   Xuventud Deporte Cultura   Administración   Tesourería  
          Servicios Sociais   Informática   Intervención   Policia Local