Saímos de Miño hacia Perbes. Ó pasar pola praia grande pódense admirar as dunas e marismas, na desembocadura do río Baxoi. Ó longo de todo o camiño ata chegar a San Xoán de Vilanova pódese admirar unha fermosa vista das rías de Ares e Betanzos.


É visita obrigada a igrexa de San Xoán de Vilanova, sita nunha zoa rural e rodeada do cemiterio e dun muro de pedra, exemplar románico de mediados do século XII. A estructura arquitectónica do edificio é de planta rectangular, dunha soa nave e rematada nun ábside semicircular, estando ambas unidas por medio dun arco presbiteral sen a presencia de tramo recto.



Seguindo hacia Fondal, encontramos as ruinas do Pazo solariego dos Condes de Taboada e de Maza, coas características do século XVIII, e hórreos moi representativos da nosa cultura.


Finalizamos a ruta en Perbes, para ver a igrexa de San Pedro , peculiarmente sinxela, podendo destacar o retablo do altar maior.

En Morteirado vemos unha casa de duas alturas e planta en forma de < L >. Ó lado un hórreo de madeira para albergar o maíz.




 
 

 

 
 
      Alcaldía   Obras e Medio ambente   Xuventud Deporte Cultura   Administración   Tesourería  
          Servicios Sociais   Informática   Intervención   Policia Local