Esta ruta iniciase na ponte Baxoi, construida pola orden de Fernán Pérez de Andrade na século XIV e que hoxe forma parte do patrimonio do "Camiño Inglés" hacia Compostela. Rincón onde camiñante dispon dun espacio para o seu descanso.
Dende alí e deixando ás costas a estrada xeral, vamos a Bañobre onde atopamos unha variada riqueza arquitectónica representada polo Pazo de Bañobre, un dos máis fermosos de cantos existen no municipio, orixinario da mitade do século XVI e pertencente á familia dos Varela de Castro. O escudo de armas barroco, que data do século XVII, atópase ó lado do balcón e nel se representan oito carteis de importantes linaxes da zoa. O pazo de San Paio, dlos condes de Vigo é lugar de moita historia. Hoxe funciona como colexio, gardando no seu interior unha colección de retratos pintados ó óleo. Na mesma finca do Pazo hay unha capela, vinculada á parroquia de Sta. María de Castro. A capela é de estilo románico e ó seu redor hay unha arboleda que proporciona unha reconfortante sombra.
Continuando a nosa ruta hata a parroquia de Leiro, chegamos á igresa de San Salvador, cuio exterior distinguese de calquer outro templo da zona.
Se nos desviamos hacia o lugar de Trasdoroña, atoparemos un " alpendre", dividido en dous espazos: cuadra e cobertizo.
Por último, na parroquia de Carantoña, destacamos a igrexa de San Xulián, de estilo barroco e a Capela de San Nicolás.
Ó chegar o anoitecer, existen outros atractivos turísticos, recreativos e culturais: teatro, música, danza e cine, que propician que o día finalice con broche de ouro.
|
 |