PUNTO DE INFORMACIÓN DIXITAL (PID)

... para renovar a tarxeta do paro fóra da oficina de emprego .

Estes dispositivos informáticos, cunha apariencia similar á dos caixeiros dun banco, en Miño está instalado xunto as instalacións dos Servizos Sociais no local Social de Rabazal, coa intención de prestar servizo aos cidadáns aos que lles queda máis lonxe a oficina de emprego que lles corresponde.

A través dos PID os usuarios poden acceder ao Portal de Emprego da Consellería e renovar a tarxeta do paro.

Os cidadáns interesados en usar esta tecnoloxía só deben ter en conta que previamente é necesario acudir á súa oficina de emprego para que lles habiliten a pegada dixital.

Unha vez feito este proceso, poderán empregar calquera dos PID instalados nas catro provincias. Un número de identificación e a pegada dixital son suficientes para renovar a tarxeta ou buscar ofertas do SGC en tan só uns minutos.

Con só colocar o dedo dende a pantalla do PID, calquera usuario poderá renovar a demanda de emprego e ter acceso ás paxinas web da xunta e dos diferentes Servizos Públicos de Emprego nacionais e autonómicos.

O PID de Miño está aberto en horario de inverno de 8.30 a 15.00 horas -de luns a venres- e os martes pola tarde de 16.00 a 18.30 horas. En horario de verán de 8.30 a 14.00 horas de luns a venres.

 
       
   
    PUNTO DE INFORMACIÓN DIXITAL (PID)  
     
   
    Use este enlace, si no es posible ver el archivo PDF superior.  
 

 





 
 

 

 
 
      Alcaldía   Medio ambente   Cultura,Xuventud Deporte   Servicios Administrativos   Educacion  
      Turismo   Bienestar social e igualdade   Urbanismo   Seguridad