Información Xeral
O Concello de Miño, en colaboración coa Dirección Xeral do Catastro ofrece un novo servizo aos seus cidadáns. Tratase do Punto de Información Catastral (PIC).
Coa posta en funcionamento do PIC, o cidadán pode dirixirse a este Concello a fin de obter certificacións dos datos catastrais protexidos dos bens inmobles dos que sexa titular.
Os interesados poderán solicitar tamén certificación da circunstancia de non figurar como titular catastral de bens inmobles na Base de Datos Nacional do Catastro ou certificación de datos catastrais non protexidos de outros bens inmobles.volver pic
Servizos que ofrece o Punto de Información Catastral:
-Servizo de consulta libre e certificación electrónica de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
-Servizo de consulta e certificación electrónica para os titulares catastrais de datos catastrais protexidos, relativo aos inmobles da súa titularidade.
-Servizo de certificación negativa de bens inmobles ou da circunstancia de non figurar como titular catastral, relativa ao propio solicitante.
Validez e eficacia da documentación emitido polo Punto de Información Catastral
Os documentos xerados polo Punto de Información Catastral conterán a data da súa expedición e un código electrónico que permita a comprobación da súa integridade e autenticidade, e gozarán de plena validez e eficacia, de conformidade co establecido polo artigo 96 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria, y polo artigo 41 do texto refundido de la Lei do Catastro Inmobiliario.volver pic
Requisitos para a obtención de datos
En caso de consulta e certificación de datos catastrais non protexidos, non se require documentación.
En caso de consulta e certificación de datos catastrais protexidos:
- Se o solicitante é titular catastral: impreso de solicitude (dispoñible no PIC) e N.I.F. ou o último recibo do I.B.I.
-
Se o solicitante non é titular catastral: impreso de solicitude (dispoñible no PIC) e autorización do titular catastral, con fotocopia do N.I.F. do solicitante (orixinal e copia) ou documentación que xustifique un interese lexítimo ou directo.volver pic
Normativa:
· Ordenanza Fiscal nº 13:Taxa por Expedición de Documentos Administrativos.
· Resolución de 29 de marzo de 2005, da Dirección Xeral do Catastro, pola que se aproba o réxime de establecemento e funcionamento dos Puntos de Información Catastral.
Copias de cartografía en papel.
o Copias en A4: 1 €
o Copias en A3: 2 €
Copias de información non gráfica de expedientes: 0,30 €/folio.
Informes catastrais sobre bens urbanos ou rústicos: 4 €
Certificacións catastrais:
o Certificacións catastrais literais de bens urbanos: 4 € documento + 4 € parcela.
o Certificacións catastrais literais de bens rústicos: 4 € documento + 4 € parcela.
o Certificacións catastrais descritivas e gráficas referidas unicamente a unha unidade urbana ou parcela rústica: 15,50 €
Cando as certificacións descritivas e gráficas incorporen, a petición do interesado, datos de outros inmobles (como por exemplo lindeiros) a contía incrementarase en 4 euros por cada inmoble.