A ANUNCIO DE LICITACIÓN

1º.-Entidade adxudicadora: Concello de Miño.

2º.-Obxecto do contrato: Concesión administrativa da xestión do servizo público de explotación, conservación e mantemento do Punto Limpo de Miño e transporte de residuos depositados á planta de recollida correspondente.

3º.-Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a)Tramitación: ordinaria.
b)Procedemento: aberto.
c)Forma: concurso.

4º.- Presuposto base de licitación:
- 15.142,65 euros/ano (IVE incluído) polo servizo de explotación, conservación e mantemento do Punto Limpo.
- 398,31 euros/viaxe (IVE incluído) á planta de recollida de SOGAMA.
(Límite max.: 41 viaxes/ano)
- 572,31 euros/viaxe (IVE incluído) á planta de recollida de SOGARISA.
(Límite max.:5 viaxes/ano)

5º.- Garantías.
a)Provisional: 3% do prezo máximo de licitación.
b)Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE.

6º.- Lugar de entrega: Concello de Miño.

7º.- Prazo de duración do contrato: 20 anos dende a firma do contrato ou a data que sinale o Concello no acordo de adxudicación, con posibilidade de prorroga ata o máximo que permitan as leis.

8º.-Información, exposición de pregos, documentación complementaria e obtención de copias.
Na casa do Concello de Miño, Rúa Carreira, 38 Miño - A Coruña (15630). Tel.: 981.782.058, FAX: 981.783.175
De conformidade co disposto no art. 122 do Real Decreto Lexislativo 781/1968, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais vixentes en materia de réxime local, os pregos quedan sometidos a exposición pública polo período de 8 días hábiles, a contar dende a inserción do último anuncio de licitación, podendo ser consultado no Rexistro Xeral de 9:00 a 14.00 horas, ós efectos de reclamacións.

9º.- Presentación de proposicións.
No Rexistro Xeral do Concello en horario de 9.00 a 14.00 horas, durante 15 días naturais, que comezarán a contarse dende o día seguinte ó da última publicación do anuncio de licitación no B.O.P , no D.O.G.A ou no perfil do contratante.

10º.- Documentación.
A que figura nos pregos.

11º.-Apertura de propostas.
O acto público de apertura de ofertas celebrarase no lugar e día que se señale no tablón de anuncios do Concello e no perfil do contratante.

12º.- Gastos de anuncios: O adxudicatario estará obrigado a pagar os gastos de publicación de anuncios nos Diarios oficiais.

Miño, 25 de xuño de 2008
O ALCALDE

ASDO.- JUAN A. MACEIRAS BARROS.




 
       
   
    ANUNCIO DE LICITACIÓN  
     
   
    Use este enlace, si no es posible ver el archivo PDF superior.  
 

 


 

 





 
 

 

 
 
      Alcaldía   Medio ambente   Cultura,Xuventud Deporte   Servicios Administrativos   Educacion  
      Turismo   Bienestar social e igualdade   Urbanismo   Seguridad